-
-
-
-
A NOSA COLECCIÓN XUVENIL DE CIENCIA FICCIÓN, FANTASÍA E TERROR
As nosas novidades
Ver todosProximamente
Un asasinato en Mundodisco normalmente non é gran cousa. Así e todo, o que lle molesta ao Comandante da Garda Sir Sam Vimes é que as mortes insólitas de tres anciáns en Ankh-Morpork non levan as marcas limpas e eficientes do Gremio de Asasinos. A aparente falta de calquera motivo tamén é bastante preocupante. Todo o que ten Vimes son algunhas pegadas de arxila branca e máis desas molestas pistas que só serven para estragar unha investigación.
A ira dunha poboación temorosa estase a canalizar perigosamente cara á pequena comunidade de golems da cidade, as criaturas de arxila cocida sen cerebro e absurdamente industriosas, que ás veces se poden atopar traballando nas fábricas da cidade. Ademais, certos personaxes de alto rango están a usar os disturbios como escusa para resucitar unha monarquía, o que xa de por si sería bastante malo, mesmo se o rei que estaban a preparar non fose tan miñaxoia como a cerámica animada.

Queres publicar connosco?
Contacta no formularioLigazóns de interese

Baleiro Perfecto
Podcast de ciencia ficción e fantasía

A que cheira, papá?
Magazine cultural galego

Revista Morcego
Revista dixital de videoxogos