Alba Rozas

Naceu en Lalín, en 1988. É editora, investigadora, escritora e docente. Licenciuouse en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2020 defendeu a súa tese Fragmentos de Apocalipsis como ficción espacial: la condición contrafactual de Villasanta de la Estrella. Un análisis desde la cartografía literaria. Na actualidade, exerce de profesora lectora de galego na Universidade de Salamanca. Forma parte do podcast galego Baleiro Perfecto de fantasía e sci-fi. Publicou o relato ‘A dama do corazón negro’ (A rebelión de Prometeo. Contos Estraños, 2017) e o libro A caída de Guiomar (Contos Estraños, 2020) que inauguran o xénero da fantasía épica galega. Tamén é a autora dos relatos ‘Costureiriña cosida’ (Contos do Sacaúntos. Romasanta o vagabundo. Fundación Vicente Risco, 2020), ‘A culpa é das sereas’ (Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu, 3, 2021), ‘Alí quedou, coa cabeza nun bidón’ (Revista Inviable, 15, 2021) e ‘Tomasa Bárbara’ (Contos do Sacaúntos. Romasanta o segador. Fundación Vicente Risco, 2021).