Manuel Esteban

Manuel Esteban

Naceu en Vigo, en 1971. É escritor, médico de familia e profesor de formación profesional.
Licenciouse en medicina e cirurxía pola USC e exerceu nos sistemas públicos de saúde de Asturias, Canarias e Galicia. Desde o ano 2011 é profesor de procesos de diagnóstico clínico. Do ano 2008 ao 2016 foi vicepresidente de Downvigo.
Publicou as novelas A ira dos mansos (Premio Xerais de Novela, 2016), O meu nome é Ninguén (Xerais 2018) e A vinganza dos homes bos (Xerais 2020), protagonizadas polo inspector Carlos Manso. Tamén publicou as obras de ciencia ficción Setestrelo (Xerais, 2023) e O xogo de Escher (Premio Cidade Centenaria de Riveira, Xerais, 2023).