Manuel Lourenzo González

Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González (Vilaboa-Pontevedra, 1955) foi profesor de Lingua Galega e Literatura en Ensino Medio. É autor dunha extensa e variada obra que foi galardoada cos máis importantes premios da literatura galega, como o Xerais, Blanco Amor, M. García Barros, Merlín, Jules Verne ou O Barco de Vapor.
No ámbito da literatura xuvenil, son obras da súa autoría: No outono das fragas, Mundo Arb, Tanis I o Mocos, Estanislao, príncipe de Sofrovia, Unha pantasma no colexio, O día despois do día, Ela atopa un nome, Irmán do Vento, Flor de Area, O que é a vida e Ceiba de Luz.
Asemade, fixo incursións no eido do teatro e participou como director ou como colaborador en múltiples actividades culturais.