Nerea Loiola Pikazo

Nerea Loiola Pikazo

(Deba, Guipúscoa, Euskadi, 1985) estudou Enxeñaría Mecánica e, máis tarde, traballou como profesora de Matemáticas en Secundaria. Así e todo, desde pequena, sempre tivo cabeza de vento: lía, escribía e imaxinaba aventuras. Co tempo, acabouse mergullando por completo na literatura e hoxe vive de escribir. En euskera. Só en euskera.
É autora de varios libros: Harri bat polt-sikoanNaian7G udalekuakAzken den-boraAHTMiraren mendekuaMoko Koko eta sekretu sakratua… Tamén traballou no mundo do cómic e do guión e, de cando en vez, fai artigos para xornais.
Campamentos de verán 7G é o seu primeiro libro publicado en galego: para que as lectoras e os lectores de Galiza tamén poidan imaxinar e crear as súas propias aventuras, tal e como ela fai.