Roberto A. Rodrigues

Roberto A. Rodrigues

Roberto A. Rodrigues licenciouse en dereito aínda que por falta de vocación nunca exerceu. A súa primeira publicación foi o relato As penas de Leopoldo Quintás, que veu a luz grazas a Contos Estraños Editora. Logo desta viñeron outras obras. Alén do Remuíño, Luces sobre a ría, Malpaís… Participou en numerosas antoloxías colectivas da chamada Xeración Estraña, fito do que di sentirse particularmente orgulloso. Algúns dos seus escritos resultaron premiados en diversos certames literarios. Niño maldito é a súa séptima publicación individual. Pode seguir o seu traballo en www.roberto-rodrigues.com