Stephen King

Stephen King

(Portland, 1947) é un autor de terror, suspense, ciencia ficción e fantasía. Vendeu xa máis de 350 millóns de copias das súas obras tanto en versión orixinal como nas linguas ás que foi traducido. Moitas das súas novelas foron adaptadas para o cine e a televisión (miniseries, series…) e mesmo para a banda deseñada. Leva publicadas 54 novelas, incluída a que agora chega ao galego: Salem’s Lot.