Terry Pratchett

Terry Pratchett

(Beaconsfield, 1948- Broad Chalke, 2015) foi o aclamado creador da serie súper vendas internacional Mundodisco. A súa primeira novela, A cor da maxia, publicouse en 1983. En total, foi autor de máis de cincuenta libros que superaron os cen millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. As súas novelas contan con numerosas adaptacións ao teatro e ao cine, e foi gañador de múltiples premios, incluída a Medalla Carnegie. En 2009, foi nomeado cabaleiro polos seus servizos á literatura, aínda que sempre sostivo con retranca que a súa maior contribución á literatura foi evitar escribir.