Vanesa Santiago

Vanesa Santiago

Naceu en Fontán (Sada), en 1983. É titulada en Biblioteconomía e Documentación. Actualmente compaxina o emprego en bibliotecas, o activismo cultural e a escrita. Baixo o seu nome asinou novelas (Ninguén lembra, 2013), relatos e algún que outro verso, malia non se considerar poeta. En 2017 recibiu o I Premio Illa Nova de Narrativa, da Editorial Galaxia, por A vida sinxela de Marcelo Firmamento. En castelán publicou a novela curta Memoria de Nosotros (2019) e un feixe de relatos.