A miña primeira novela de… isekais
A princesa dourada é o título da oitava entrega da colección xuvenil A miña primeira novela de… Neste caso a temática escollida por Anxo Mouzo Moreira é a novela de isekais. Xosé e Marica son de Camelle e viven porta con porta. O día que ela fai quince anos, Xosé descobre por accidente que a súa amiga é, en realidade, a princesa do reino de Nihá e que foi expulsada pola raíña demo de Hangyo. As lendas aseguran que a princesa exiliada recuperará o seu reino con intelixencia e unha vontade de ferro e será Xosé quen estea disposto a todo para a axudar no seu propósito. Xa dispoñíbel nas librarías e á venda na nosa páxina web. Non a perdas!

Comentarios (0)