A miña primeira novela de… monstros!

Dormen baixo terra é o título da sétima entrega da colección xuvenil A miña primeira novela de… Neste caso a temática escollida por Alba De Evan é a novela de monstros. Nunha vila no medio das montañas, na mina aberta no alto do monte, non deixan de acontecer ataques sanguentos. Cando Erea descobre que os seus mellores amigos, Héitor e Anaír, están relacionados co responsábel das agresións, non dubidará en arriscar a súa vida para descubrir que segredos do pasado agocha a mina e tratar de protexer a xente, dun xeito ou doutro. Xa dispoñíbel nas librarías e á venda na nosa páxina web. Non a perdas!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *