A nosa primeira Feira do libro na Coruña!

Do 1 ao 10 de agosto estivemos na Feira do libro da Coruña partillando posto con Edicións Malafera. Foi un pracer presentarvos o noso proxecto editorial para todas as persoas que aínda non nos coñeciades e falarmos coas nosas lectoras e lectores habituais sobre as últimas novidades publicadas e as que publicaremos ao longo deste ano. Tamén foi unha experiencia incríbel compartir estes días coa xente de Malafera e amosar a súa poesía experimental, híbrida e atrevida. Agardámosvos na seguinte feira!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *