Á venda A maldición de Hill House, o clásico de terror de Shirley Jackson

Boadicea vén de publicar A maldición de Hill House, o clásico de terror da autora estadounidense Shirley Jackson. É a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu. Boa e aterradora lectura!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *