Xa tedes á venda na nosa web e nas librarías do país As Tumbas de Atuan, o segundo libro da saga Historias de Terramar, da escritora estadounidense Ursula K. Le Guin. Neste clásico da fantasía, o feiticeiro Ged intérnase no labirinto das Tumbas de Atuan para facerse co poderoso anel de Erreth-Akbe. O deber de Arha, a Sacerdotisa Única, é protexer o anel, pero Ged posúe a luz da maxia e as historias dun mundo que a moza nunca coñeceu.
Comentarios (0)