A miña primeira novela de… monstros!

A miña primeira novela de… monstros!

Dormen baixo terra é o título da sétima entrega da colección xuvenil A miña primeira novela de… Neste caso a temática escollida por Alba De Evan é a novela de monstros. Nunha vila no medio das montañas, na mina aberta no alto do monte, non deixan de acontecer ataques sanguentos. Cando Erea descobre que os […]

Novo álbum infantil ilustrado, desta volta sobre as constelacións

Novo álbum infantil ilustrado, desta volta sobre as constelacións

A colección infantil Cartafol de ciencia ficción engade un novo título con Asunción e as constelacións. A estación espacial Asunción dá voltas arredor da Terra para observar as constelacións. Na súa viaxe descubrirá Casiopea, Orión, Tauro, Cefeo, Escorpión… e moitas outras das constelacións que podemos observar no ceo nocturno do hemisferio norte. Unha oportunidade ideal […]

Xa á venda Tehanu!

Xa á venda Tehanu!

Xa está á venda na nosa web e nas librarías de todo o país Tehanu, a cuarta entrega da saga Historias de Terramar, de Ursula K. Le Guin. Trátase da primeira tradución ao galego desta obra, coa edición de calidade que é habitual en Boadicea Editora. Non a deixes pasar!

A nosa primeira Feira do libro na Coruña!

A nosa primeira Feira do libro na Coruña!

Do 1 ao 10 de agosto estivemos na Feira do libro da Coruña partillando posto con Edicións Malafera. Foi un pracer presentarvos o noso proxecto editorial para todas as persoas que aínda non nos coñeciades e falarmos coas nosas lectoras e lectores habituais sobre as últimas novidades publicadas e as que publicaremos ao longo deste […]

Estamos na Feira do libro de Vigo

Estamos na Feira do libro de Vigo

Do 1 ao 7 de xullo estamos na Feira do libro de Vigo partillando posto con Edicións Malafera. Temos moitas ganas de darvos a coñecer a nosa editorial e que veñades falar connosco en persoa sobre as últimas novidades que publicaremos ao longo deste ano. Agardámosvos!

Niño maldito inaugura a nosa liña de terror adulto

Niño maldito inaugura a nosa liña de terror adulto

Niño maldito é unha antoloxía de catro relatos de terror adulto a cargo do experimentado escritor Roberto A. Rodrigues. “Niño maldito”, “Expediente Sentulo”, “Penela Grand Hotel” e “Arquipélago” interpelan a agochada turbiedade que a todas nos habita e que, o día menos pensado, ábrenos as portas da loucura. Roberto A. Rodrigues é un autor premiado […]