Próxima presentación de Gastrulación

Próxima presentación de Gastrulación

O vindeiro xoves día 20 de xullo estaremos na Libraría Pedreira de Compostela para presentar Gastrulación, a novela de ciencia ficción experimental de Pablo Pesado. Contaremos coa presenza do autor nun acto conducido pola editora da obra, Alba Rozas. Falaremos de ciencia ficción, da xestación de Gastrulación, da teoloxía A>B e de estrañas divindades vermiformes. […]

Sae do prelo Gastrulación, de Pablo Pesado

Sae do prelo Gastrulación, de Pablo Pesado

Con Bergson e Lovecraft como referencias, Gastrulación parte dos inicios da bioloxía no século XIX para describir o nacemento dunha deidade que mudará a historia do planeta. Sobre as cinsas das vellas cosmovisións humanas surxirán entón unha igrexa, unha teoloxía e unha guerra. Gastrulación é a novela de ciencia ficción experimental do escritor ferrolano Pablo […]

Á venda As Tumbas de Atuan

Á venda As Tumbas de Atuan

Xa tedes á venda na nosa web e nas librarías do país As Tumbas de Atuan, o segundo libro da saga Historias de Terramar, da escritora estadounidense Ursula K. Le Guin. Neste clásico da fantasía, o feiticeiro Ged intérnase no labirinto das Tumbas de Atuan para facerse co poderoso anel de Erreth-Akbe. O deber de […]

Estivemos na feira do libro de Compostela

Estivemos na feira do libro de Compostela

Rematou a semana da feira do libro de Compostela, onde a nosa editora estivo na mellor das compañas, xunto con librarías e outras editoriais. Foi un pracer vervos en persoa, presentarvos as nosas novidades e falar convosco de literatura fantástica e de ciencia ficción. Foi a nosa primeira vez na Alameda mais non será a […]

Inauguramos o ciclo de Terramar

Inauguramos o ciclo de Terramar

Hoxe sae á venda Un feiticeiro de Terramar, o primeiro dos seis libros que conforman o ciclo de Terramar, de Ursula K. Le Guin, unha das obras máis recoñecidas desta autora de referencia no eido da fantasía. Trátase dunha coidada edición traducida por Tomás G. Ahola que conta co mapa deseñado pola autora e que […]

Xa á venda O tesouro do caranguexo

Xa á venda O tesouro do caranguexo

Hoxe saíu do prelo “O tesouro do caranguexo”, o segundo volume da colección infantil “Cartafol de fantasía” para crianzas de entre 3 e 6 anos. O caranguexo da pinza de ouro é o dono dun grande tesouro feito de cunchas do fondo do mar. Para completalo falará coa vieira, o berberecho, o longueirón, a ostra, […]

Presentación en Bueu

Presentación en Bueu

O pasado venres estivemos no Centro Social do Mar de Bueu presentando Boadicea editora. Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegastes e á libraría Miranda, con quen organizábamos o acto. Foi un pracer falar e reflexionar sobre literatura e cultura convosco. Chegáronnos os vosos azos! Vémonos pronto, e con moitas novidades!

Próxima presentación en Bueu

Próxima presentación en Bueu

O vindeiro venres 3 de febreiro estaremos no Centro Social do Mar de Bueu presentando Boadicea editora en colaboración coa libraría Miranda. Presentaremos “Ubik”, de Philip K. Dick, e o álbum infantil ilustrado “O biosbardo e os paxaros sen cor”, falaremos de literatura de ciencia ficción, fantasia e terror, e comentaremos os títulos que están […]

Presentación en Sada

Presentación en Sada

Onte estivemos na Casa da cultura de Sada presentando Boadicea editora na marabillosa compaña da asociación cultural Irmáns Suárez Picallo. Presentounos a nosa querida Vanesa Santiago, autora de “As probas do mago” na nosa colección de literatura xuvenil, sadense e socia da Suárez Picallo. Foi un verdadeiro pracer poder compartir o noso proxecto e as […]