Próxima presentación en Sada

Próxima presentación en Sada

O vindeiro venres 27 de xaneiro estaremos na Casa da cultura de Sada presentando Boadicea editora en colaboración coa asociación cultural Irmáns Suárez Picallo. Queremos agradecer a esta asociación sadense o seu interese no noso proxecto e o seu traballo continuado en favor da nosa cultura e da nosa lingua. Non faltedes!

Presentación en Pontevedra

Presentación en Pontevedra

Este sábado tivo lugar a nosa primeira visita a Pontevedra como proxecto editorial, para presentar os nosas novidades na Libraría Paz. Moitas grazas a todas as persoas asistentes e ao persoal da libraría pola acollida. Un pracer conversar sobre literatura fantástica e de ciencia ficción convosco! E grazas tamén a Carlos Pereiro pola súa presentación. […]

Presentación na Coruña

Presentación na Coruña

O pasado xoves estivemos na Coruña, na Livraria Suévia, presentando Boadicea Editora e os nosos últimos títulos editados. Obrigadas a Guillermo Rodicio por conducir a presentación e por facernos sentir na casa. Tamén queremos agradecer a asistencia e a atención de todas as persoas que que vos achegastes e o recibimento, o trato e os […]

Próxima presentación en Pontevedra

Próxima presentación en Pontevedra

Esta semana dobre presentación! Ademais de estar na Coruña o xoves, estaremos en Pontevedra o sábado 14 de xaneiro ás 12:30 presentando Boadicea Editora, desta volta na Libraría Paz. Alba Rozas e José Manuel Dopazo falarán de Ubik, o clásico de ciencia ficción de Philip K. Dick, e de O biosbardo e os paxaros sen cor, o […]

Próxima presentación na Coruña

Próxima presentación na Coruña

O vindeiro xoves 12 de xaneiro ás 8 da tarde presentamos o noso proxecto editorial na Libraría Suevia da Coruña. Alba Rozas e José Manuel Dopazo falarán de Ubik, o clásico de ciencia ficción de Philip K. Dick, e de O biosbardo e os paxaros sen cor, o primeiro libro da colección infantil “Cartafol de fantasía” de […]

Presentación en Vigo

Presentación en Vigo

Este pasado venres 16 presentamos a nosa editorial na Libraría Cartabón de Vigo. Falamos sobre Ubik, O biosbardo e os paxaros sen cor, a obra que inaugura a nosa colección infantil “Cartafol de fantasía”, e a nosa colección xuvenil “A miña primeira novela de…”. Tamén coñecimos aos compañeiros e compañeiras de Edicións Malafera, un proxecto editorial que […]

Próxima presentación en Vigo

Próxima presentación en Vigo

O vindeiro venres 16 de decembro estaremos na Libraría Cartabón de Vigo presentando Boadicea Editora. Contaremos con Alba Rozas e José Manuel Dopazo, que nos falarán sobre Ubik, o clásico de ciencia ficción de Philip K. Dick, recentemente editado por Boadicea. Será a primeira presentación na que poderemos contar con exemplares de O biosbardo e […]

Estivemos no Culturgal!

Estivemos no Culturgal!

Esta pasada fin de semana estivemos no noso primeiro Culturgal como editora. Voltamos moi satisfeitas da acollida que lle destes ao proxecto, foi un pracer estar a fin de semana entre a xente da cultura, aprendermos tanto e poder falar directamente convosco, os nosos lectores e lectoras. De hoxe nun ano!