IDENTIFICACIÓN
Mediante este aviso legal a asociación BOADICEA EDITORA desexa informar a persoa usuaria de como recolle e trata os datos que vostede nos facilita ao completar e enviar os formularios desta páxina web, ao enviar un correo electrónico a calquera das direccións referidas nela ou ao nos enviar datos de carácter persoal a través de calquera outra canle mencionada neste aviso.
BOADICEA EDITORA tratará os datos de carácter persoal de conformidade co estabelecido no Regulamento (UE) Xeral de Protección de Datos (RGPD) e a súa adaptación á normativa estatal mediante a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos e de garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD).
Esta política aplica por defecto a aqueles casos nos que non se estabeleza expresamente algo distinto nunha cláusula informativa dunha sección, apartado da páxina web ou cláusula informativa independente que lle poidamos facilitar antes de realizar un tratamento dos seus datos persoais.
QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?
Boadicea Editora
G09955667
R/Penatoares, nº6, 3ºA, Lalín, Pontevedra, C. P.: 36500
info@boadiceaeditora.gal
CON QUE FINALIDADE E BASE DE LEXITIMACIÓN TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?
En BOADICEA EDITORA tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas co fin de poder xestionar as súas solicitudes. Só poderán prestar o seu consentimento persoas maiores de 16 anos.
As diferentes finalidades coas que poderemos tratar os seus datos son:
- Subscrición a novidades
En caso de se subscribir para recibir as nosas novidades editoriais, para a xestión do servizo solicitado e para te informar dos nosos produtos, servizos, novidades, sorteos, concursos e eventos. A base de lexitimación será o seu consentimento ao se rexistrar para recibir comunicacións. - Formularios e outras canles de contacto
Se a persoa interesada desexa contactar connosco a través de calquera dos formularios ou a través do resto de canles de contacto habilitados nesta páxina web, trataremos os seus datos para poder procesar e responder as súas preguntas ou solicitudes. A base de lexitimación será o seu consentimento ao nos remitir a súa consulta ou comentario e mais o noso interese lexítimo para lle dar resposta. - Envío de manuscritos
Os datos que se nos faciliten a través da sección ‘Envíanos a túa proposta’ serán tratados coa finalidade de xestionar a túa solicitude, valorar a documentación axunta enviada e contactar coa persoa interesada con relación á mesma. A base de lexitimación será a execución de medidas precontractuais.
COMO OBTIVEMOS OS SEUS DATOS?
Os datos persoais que tratamos en Boadicea Editora proceden da propia persoa interesada.
QUE CATEGORÍAS DE DATOS SE TRATAN?
Datos de identificación.
Direccións postais ou electrónicas.
Datos profesionais e académicos.
Datos bancarios no caso de persoas subscritoras.
POR CANTO TEMPO CONSERVAREMOS OS TEUS DATOS?
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o prazo legalmente estabelecido ou até que a persoa interesada solicite a súa supresión, revoque o seu consentimento ou solicite a baixa do servizo subscrito. No momento en que a persoa interesada exercite o seu dereito de supresión, revoque o seu consentimento ou solicite a baixa do servizo subscrito, os seus datos
persoais pasarán a se conservar bloqueados polo prazo legalmente estabelecido até a súa efectiva eliminación e de acordo co estabelecido na normativa aplicábel.
Para revocar o seu consentimento pode presentar a súa solicitude á conta de correo: info@boadiceaeditora.gal
PRECISIÓN DE DESCRICIÓN DOS PRODUTOS
A normativa en vigor outórgalle ao titular dos datos o dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos. No caso de que o consideremos necesario, poderémoslle solicitar unha copia do seu DNI ou documento equivalente acreditativo da súa identidade para poder executar a súa solicitude de exercicio de dereitos.
Adicionalmente, podes consultar máis información sobre o exercicio dos teus dereitos ou presentar unha reclamación, ante a Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.
O exercicio destes dereitos é gratuíto.
COMO GARANTIZAMOS A SEGURIDADE DOS TEUS DATOS?
Adoptamos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía.