Alba de Evan

Alba De Evan Freijedo (Vigo, 1987) é licenciada en Historia pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. En coautoría con Xabier Domínguez publicou a colección Naturizo, de educación ambiental, que conta con dez títulos até o momento, e dous álbumes ilustrados: Fronteiras de papel e A superavoa de Antón. En banda deseñada estreáronse co guión de Miquits. No eido da novela infantil publicaron A bruxa SelanaA pulga espacialMaxia de pedraSegredos soterrados e Rolando. Un fío resistente. Tamén escribiron os biopoemas de Rosalía de Castro e Luis Seoane. A título individual publicou a novela Varetai, protectora de espíritos

  • Dormen baixo terra

    Erea acábase de mudar a Leiro, unha vila no medio das montañas onde nada é o que parece. Na mina aberta no alto do monte non deixan de se suceder ataques sanguentos sen que as autoridades consigan atopar un culpábel. O perigo, soterrado na fraga, emerxe coa néboa e axexa os habitantes do lugar. Cando Erea descobre que os seus dous mellores amigos, Héitor e Anaír, están relacionados co responsábel das agresións, non dubidará en arriscar a súa vida para descubrir que segredos do pasado agocha a mina e tratar de protexer a xente, dun xeito ou doutro. 

    14,00