Ana Mariño

Naceu en León (1981). Licenciouse en Historia da Arte e, após un mestrado en literatura, doutorouse cunha tese sobre os motivos cabaleirescos na obra de J. R. R Tolkien. É profesora de lingua e historia na secundaria. Publicou diversos artigos de investigación e a novela As aventuras do Cabaleiro de Prata (Boadicea Editora, 2022).

  • As aventuras do Cabaleiro de Prata

    Un cativo descobre na biblioteca da súa defunta avoa un libro que narra as aventuras do Cabaleiro de Prata. Este intrépido loitador, na compaña do seu fiel escudeiro, debe percorrer as terras que fagan falta, axudando a quen o precise, até descubrir o seu propio reino. Na súa xesta, atravesará torres, cidades e illas cheas de maxia. Co fin de cumprir a profecía que marca o seu destino, tamén se enfrontará a dragóns, magos, encantadoras, xigantes e mesmo a outros cabaleiros que non sempre son o que aparentan.

    14,00