Carlos Vega

Carlos Vega (1997) é graduado en Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta con varias antoloxías de relatos de terror autopublicadas como Aldea, Doméstico, Los Cuentos Dislocados e Los textos amados. Tamén conta con relatos publicados nas revistas Contos Estraños e Círculo de Lovecraft.

  • Noite no cemiterio

    No alto do cemiterio de Vilatorcida érguese unha casa que só abre as súas portas ás pantasmas. O terrorífico Conde Silas, dono da mansión, coa axuda do seu fiel servente, domina todas as ánimas do lugar. Alí, os espectros descobren o cruel destino que lles agarda a aqueles dos que non queda rastro na memoria das persoas vivas.

    Cando Lolo e o seu irmán Quin van vivir para a casa máis próxima ao camposanto e se atreven a explorar os seus segredos, o poder do Conde vese ameazado por primeira vez. Non obstante, para o vencer, Lolo deberá superar o propio medo e aceptar a verdade máis arrepiante da súa vida.

    14,00