Charlotte Perkins Gilman (Connecticut, 1860- California, 1935) foi unha escritora estadounidense, socióloga e defensora dos dereitos da muller. Destaca polo seu labor feminista e literario desenvolvido entre finais da década de 1890 e 1920.
A súa obra máis coñecida é o relato curto O papel de parede amarelo (1892), así como a novela Herland (1915), considerada precursora da ciencia ficción feminista moderna.
Despois de divorciada do seu primeiro marido, comezou a impartir conferencias e reivindicar a independencia económica das mulleres. Foi fundadora e editora da revista feminisa The Forerunner, onde publicou por fascículos Herland.

  • Donaira

    Un piloto con alma de conquistador, un médico de espírito romántico e un sociólogo curioso deciden emprender unha expedición despois de escoitar unha lenda sobre un país habitado só por mulleres.

    Esta utopía de ciencia ficción feminista en forma de novela de aventuras sérvelle á autora para facer unha crítica á sociedade da súa época. Nela trátanse temas que seguen no foco na actualidade, entre eles o consentimento, os roles de xénero, a educación ou o vexetarianismo.

    Esta obra foi publicada por capítulos entre 1915 e 1916 na revista The Forerunner. Agora ve a luz en galego por vez primeira.

    18,00