(Aberystwyth, Gales, 1962) é guionista e novelista. Despois de se graduar en Arte Dramática e Alemán pola Universidade de Manchester, traballou como produtor de radio e tamén como guionista, principalmente, para a televisión. Escribe en galés, a súa lingua inicial. En 2017, publicou a súa primeira novela xuvenil, Gethin Nyth Brân, que foi finalista do prestixioso premio Tir na n-Og. Y Pibgorn Hud (A cornamusa máxica) publicouse en 2020 e a súa continuación, Y Ferch o Aur, en 2022. Y Groes Emrallt, que completa a «Triloxía de Britonia», publicarase en 2027. As súas obras foron traducidas ao inglés e agora tamén ao galego.
-
A cornamusa máxica
16,00 €Gran Bretaña, ano 552 d.C. Unha illa dividida recupérase dos efectos dunha peste que a arrasou. Trátase dunha terra gobernada pola espada, onde todos teñen que obedecer. Especialmente os nenos e as nenas… agás Ina. Ela é diferente. Cos seus doce anos é quen de brandir un caxato de combate como unha guerreira, rastrexar presas como un cazador, ler e escribir… Pero ser diferente ten un prezo. Ina vai ter que deixar o seu fogar, unha vila romana, para se embarcar nunha perigosa viaxe. Na súa bolsa de coiro leva a cornamusa máxica.
Unha historia de perda, supervivencia e amizade na Europa do Reino Suevo de Galiza: a adaptación ao galego de Y Pibgorn Hud.

