José Manuel Dopazo

José Manuel Dopazo Entenza (Bueu, 1989) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente realizou o Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada. Desde 2010 está estudando a lingua da Illa de Ons, motivo de análise co que se doutorou en lingüística pola USC en 2022.

Entrou a formar parte do persoal do Instituto da Lingua Galega en 2015 dentro do proxecto CORILGA (Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega). Posteriormente tamén traballou no ALGa (Atlas Lingüístico Galego) e, desde 2018, colabora co AGO (Arquivo do Galego Oral) na transcrición de novas gravacións para a representación de todos os concellos de fala galega. A nivel profesional, desenvolve labor docente nun instituto de secundaria, conxugando a docencia coa investigación.