Shirley Jackson

Shirley Jackson (San Francisco, 1916 – North Bennington, Vermont, 1965) é unha novelista e contista estadounidense especializada no xénero do terror. Licenciada en xornalismo pola Universidade de Siracusa, a popularidade da autora medrou a raíz da ampla aclamación que recibiu da crítica polo seu relato «A lotaría» publicado en 1948. As súas novelas, entre as que destaca A maldición de Hill House, caracterízanse polo uso de escenarios realistas que a miúdo inclúen elementos de terror e ocultismo. Tamén publicou dúas crónicas familiares e centos de relatos. A súa obra influíu en gran medida noutros autores e autoras como como Joanne Harris, Stephen King, Nigel Kneale, Neil Gaiman ou Richard Matheson.

  • A maldición de Hill House

    Publicada por primeira vez en 1959, A maldición de Hill House de Shirley Jackson foi aclamada como unha obra perfecta de terror. É a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu.
    Levada dúas veces ao cine e tamén á televisión en forma de serie, A maldición de Hill House é unha das novelas máis famosas de Shirley Jackson e unha das principais obras de terror do século XX.

    18,00