-
Gardas! Gardas!
19,00 €O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.
Xuntos terán que lidar cunha rutina que rompe pois, malia que se creu extinto durante moito tempo, un magnífico exemplar de draco nobilis («dragón nobre», para quen non entenda a cursiva) apareceu na cidade. Este perigoso visitante non só ten o desagradábel costume de calcinar todo ao seu paso, senón que, en pouco tempo, é coroado Rei (á fin e ao cabo, é un dragón nobre…). Como chegou alí? Poderá a Garda da Noite restaurar a orde dunha cidade sen lei? Maxia, caos e un dragón asexador… Quen podería pedir máis?
-
Homes de armas
19,00 €Os tempos están a cambiar na Garda Nocturna de Ankh-Morpork.
Contratáronse novos recrutas para reflectir a diversidade da cidade, incluíndo o cabo Cenoria (tecnicamente un anano), o axente de garda Cuddy (un anano de verdade), o axente de garda Detritus (un troll) e a axente de garda Angua (unha muller… lúas cheas á parte).Ademais, o capitán Sam Vimes vai casar e retirarse da Garda. Para sempre. Isto último é unha mágoa, porque ninguén coñece as rúas de Ankh-Morpork nin o seu mundo criminal mellor ca el.
E alguén armado e perigoso estivo a ter ideas sobre o poder, o destino e os reis perdidos, cometendo unha serie de asasinatos aparentemente aleatorios por toda a cidade.
Os novos recrutas terán que aprender rápido…



