Tomás G. Ahola

Naceu en Santo Adrián de Cobres (Vilaboa), en 1981. Leva toda a vida dedicado aos libros, sexa como escritor, tradutor, editor ou impresor. Publicou novelas como Galiza Mutante Poder Nuclear!, Alaia e a deusa ou Derradeiro bis en catro-corenta. Tamén publicou coleccións de relatos como Da fría e distante Estrela Polar e Manual de medo, noxo, vicio e morte. Por riba de todo, traduciu moitos libros desde linguas como o finlandés ou o inglés.

  • Visitantes da Estrela Vermella

    Dril e Gat viven no Val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustento dos demais. O mellor de todo é que a través do cristais do Val vense as estrelas máis fermosas. Porén, algo terríbel acontece e, de súpeto, acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facer fronte. Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.

    14,00