Tomás Rivera

Naceu na Coruña, en 1977. Graduouse en Educación Social e tivo moitas ocupacións diferentes. Na actualidade traballa coidando persoas maiores. Ao longo dos anos participou en distintos proxectos culturais, facendo de crítico musical e reporteiro. Agora colabora con medios dedicados á literatura fantástica como articulista e redactor. É blogueiro, músico afeccionado e membro do podcast “El Sótano de Radio Belgrado”. Publicou catro relatos en galego na revista Contos Estraños. En castelán ten publicados sete relatos na revista Tantrum, da que é editor, e a novela de ciencia ficción Nómada. Tamén escribe noveliñas do Salvaxe Oeste co pseudónimo Kenneth James.

  • Pegadas de búfalo

    O Salvaxe Oeste é un mundo tan perigoso como fascinante. Sarah Parsons descubrirao cando se mude coa súa familia ao territorio de Montana. A súa nova vida non será doada: Sarah coñecerá o medo, a inxustiza e as falcatruadas dos que burlan a lei. Pero tamén fará novos amigos, como o bravo Búfalo Choutón, que a axudará a superar todos os atrancos. A súa aventura estará inzada de pistoleiros, foraxidos, soldados de cabalaría, indious síux… e mesmo búfalos!

    12,00