-
As ánimas do Samaín
12,00 €Tres curmáns, Cibrán, Roque e Xasmín, celebran o Samaín. Xuntos tallarán calacús, deixarán comida e o lume prendido para as ánimas, irán pedir esmola, farán colares de zonchos e visitarán o camposanto. Queres saber como se celebra o Día de Defuntos? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.
-
Asunción e as constelacións
12,00 €A estación espacial Asunción dá voltas arredor da Terra para observar as constelacións. Na súa viaxe irá percorrendo o hemisferio norte para descubrir animais, cazadores, dragóns e mesmo unha parella de namorados. Queres saber como son as constelacións? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.
-
De cando os animais tamén eran xente
14,00 €Un galo de alta crista fachendoso e falangueiro, unha píntega rastreira cobizosa e pezoñenta e un burro que di que burro foi toda a vida aínda que por veces non o parece, atópanse nunha revolta do camiño e argallan un plan para se introducir na abominábel torre onde mora unha poderosa feiticeira.
Semella o inicio dunha fábula sentenciosa, mais só é parte dunha enguedellada historia trufada de ambición, infamia, mesquindade e violencia. Tamén de nobreza, xenerosidade, sabedoría e amor. Unha historia que perturbou moitas vidas e facendas, acontecida nunha rexión do noso país naquela remota época en que os animais adoito eran tamén xente.
-
O androide Simón
12,00 €O androide Simón ten a súa casa no planeta anano Plutón, pero quere viaxar a outros lugares para pasar uns días de vacacións. Por iso irá percorrendo os diferentes planetas do sistema solar e tamén as súas lúas e aneis na procura daquel que máis lle guste. Queres saber como son os planetas e onde decidiu quedar o androide? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.
-
O biosbardo e os paxaros sen cor
12,00 €Cando o biosbardo pasou a pita do monte, a pega, o picapeixe, o verderol… e até sete paxaros quedaron sen cor! Queres saber como son e o que argallou o biosbardo? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.
-
O tesouro do caranguexo
12,00 €O caranguexo da pinza de ouro é o dono dun gran tesouro feito de cunchas. Non obstante, fáltanlle sete para que estea completo. Por iso falará coa ameixa, a vieira, o berberecho, o longueirón, a ostra, a zamburiña e o mexillón. Queres saber como son as súas cunchas e se logrou completar o caranguexo o seu tesouro? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.






