Presentación en Lalín

Presentación en Lalín

Onte noventa persoas démonos cita no museo municipal de Lalín para asistir á presentación de Boadicea Editora. Moitas grazas a Charo Golmar polo seu cariño, polas súas palabras amábeis e por acompañar tan ben a Alba Rozas neste acto. Foi realmente especial. Obrigadas tamén a a Cecilia, a traballadora do museo, polo súa disposición e acollida e, por […]

Próxima presentación en Lalín

Próxima presentación en Lalín

O vindeiro sábado 16 de setembro estaremos no museo municipal de Lalín presentando Boadicea Editora. Acompañaranos Charo Golmar, que conversará con Alba Rozas sobre o noso proxecto, os últimos libros publicados e os que están por chegar. Será ás 12:30 da mañá. Non faltedes!

Presentación de Gastrulación

Presentación de Gastrulación

Onte estivemos na libraría Pedreira de Compostela presentando o noso novo libro de ciencia ficción experimental para adultas, Gastrulación. Fixémolo co autor, Pablo Pesado, con quen falamos do proceso creativo, de ciencia ficción en particular e de literatura en xeral. Moitas grazas a todas as que vos achegastes a partillar este tempo connosco e grazas […]

Próxima presentación de Gastrulación

Próxima presentación de Gastrulación

O vindeiro xoves día 20 de xullo estaremos na Libraría Pedreira de Compostela para presentar Gastrulación, a novela de ciencia ficción experimental de Pablo Pesado. Contaremos coa presenza do autor nun acto conducido pola editora da obra, Alba Rozas. Falaremos de ciencia ficción, da xestación de Gastrulación, da teoloxía A>B e de estrañas divindades vermiformes. […]

Sae do prelo Gastrulación, de Pablo Pesado

Sae do prelo Gastrulación, de Pablo Pesado

Con Bergson e Lovecraft como referencias, Gastrulación parte dos inicios da bioloxía no século XIX para describir o nacemento dunha deidade que mudará a historia do planeta. Sobre as cinsas das vellas cosmovisións humanas surxirán entón unha igrexa, unha teoloxía e unha guerra. Gastrulación é a novela de ciencia ficción experimental do escritor ferrolano Pablo […]

Á venda As Tumbas de Atuan

Á venda As Tumbas de Atuan

Xa tedes á venda na nosa web e nas librarías do país As Tumbas de Atuan, o segundo libro da saga Historias de Terramar, da escritora estadounidense Ursula K. Le Guin. Neste clásico da fantasía, o feiticeiro Ged intérnase no labirinto das Tumbas de Atuan para facerse co poderoso anel de Erreth-Akbe. O deber de […]

Estivemos na feira do libro de Compostela

Estivemos na feira do libro de Compostela

Rematou a semana da feira do libro de Compostela, onde a nosa editora estivo na mellor das compañas, xunto con librarías e outras editoriais. Foi un pracer vervos en persoa, presentarvos as nosas novidades e falar convosco de literatura fantástica e de ciencia ficción. Foi a nosa primeira vez na Alameda mais non será a […]

Inauguramos o ciclo de Terramar

Inauguramos o ciclo de Terramar

Hoxe sae á venda Un feiticeiro de Terramar, o primeiro dos seis libros que conforman o ciclo de Terramar, de Ursula K. Le Guin, unha das obras máis recoñecidas desta autora de referencia no eido da fantasía. Trátase dunha coidada edición traducida por Tomás G. Ahola que conta co mapa deseñado pola autora e que […]