Onte estivemos na Libraría Espazo Nobel en Ourense presentando Noite no Cemiterio, a nosa última novela xuvenil e primeira da liña de terror, á que engadiremos novos títulos nos vindeiros meses. Foi un pracer estar coas nosas lectoras e lectores de novo. Moitas grazas ás organizadoras e, especialmente, a todas as persoas que vos achegastes a partillar unha conversa sobre literatura connosco. Non tardaremos en voltar!
Comentarios (0)