Estreamos space opera: Trickstar, de Manuel Esteban

Boadicea estréase no xénero da space ópera con Trickstar. Postais desde as estrelas, de Manuel Esteban. Nesta novela, ambientada en 2076, nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Non obstante, a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes que converterá a Julie Alban, a nosa protagonista, na primeira pirata espacial. Non a perdades. Xa á venda na nosa web e nas librarías de todo o país!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *