-
A cornamusa máxica
16,00 €Gran Bretaña, ano 552 d.C. Unha illa dividida recupérase dos efectos dunha peste que a arrasou. Trátase dunha terra gobernada pola espada, onde todos teñen que obedecer. Especialmente os nenos e as nenas… agás Ina. Ela é diferente. Cos seus doce anos é quen de brandir un caxato de combate como unha guerreira, rastrexar presas como un cazador, ler e escribir… Pero ser diferente ten un prezo. Ina vai ter que deixar o seu fogar, unha vila romana, para se embarcar nunha perigosa viaxe. Na súa bolsa de coiro leva a cornamusa máxica.
Unha historia de perda, supervivencia e amizade na Europa do Reino Suevo de Galiza: a adaptación ao galego de Y Pibgorn Hud.
-
A tumba do último pirata
14,00 €Cando a tía Aixa chega á casa dos seus sobriños, ningún deles pode sospeitar que exista un xeito de vivir unha historia de aventuras máis alá da videoconsola. Pero a tía ensínalles os xogos de rol, onde só precisan a súa imaxinación, que os levará ao século XVIII. Alí, en plena época dourada da pirataría, acompañarán a Tru’an, Kack’tar, Mario, Antonio e Botas nunha aventura digna do máis temíbel dos piratas.
-
Campamentos de verán 7G
16,00 €ESTE LIBRO É DIFERENTE.
O que ocorra nesta historia está nas túas mans.
Ti es quen decide.
Atoparás riscos, dilemas e aventuras. Terás que tomar decisións e resolver enigmas. Deberás usar as túas habilidades e o teu enxeño. Unha mala decisión pode provocar un desastre… ou mesmo a morte! Mais non desesperes. En calquera momento podes recuar e escoller outra opción, podes cambiar o rumbo da túa historia.
-
Pegadas de búfalo
14,00 €O Salvaxe Oeste é un mundo tan perigoso como fascinante. Sarah Parsons descubrirao cando se mude coa súa familia ao territorio de Montana. A súa nova vida non será doada: Sarah coñecerá o medo, a inxustiza e as falcatruadas dos que burlan a lei. Pero tamén fará novos amigos, como o bravo Búfalo Choutón, que a axudará a superar todos os atrancos. A súa aventura estará inzada de pistoleiros, foraxidos, soldados de cabalaría, indious síux… e mesmo búfalos!




