• info@boadiceaeditora.gal
  • Instagram
  • Facebook
  • Twitter
Boadicea
  • 0 0,00 €
  • 0 0,00 €
  • Inicio
  • Libros
  • Autoras/es
  • Sobre Boadicea
  • Novas
  • Contacto
  • Subscríbete

Menú

  • Libros
  • Autoras/es
  • Sobre Boadicea
  • Novas
  • Contacto
  • Subscríbete
  • A miña conta
  • Carriño

Conta

Olvidaches o teu contrasinal?
Crear conta

Crear conta

O contrasinal será enviado á túa dirección de correo electrónico.

Os teus datos persoais serán usados para apoiar a túa experiencia a través da páxina, para acceder á túa conta e para os propósitos descritos na nosa política de privacidade .

Xa tes unha conta? Login

Olvidaches o teu contrasinal?

Recordar o teu contrasinal? Login

O teu carriño (0)

Empty cart

Non hai libros no carriño

O teu carriño (0)

Empty cart

Non hai libros no carriño

InicioProduto TemáticaFantasía
  • Reset all×
  • Creación×
  • A caída de Guiomar
    Fantasía

    A caída de Guiomar

    Alba Rozas
    14,00 €
    Engadir ao carriño
    A caída de Guiomar
    Fantasía

    A caída de Guiomar

    Alba Rozas

    Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar, as terras de Eabaca vense ameazadas pola aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella, unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte. Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino, a esperanza volve agromar. Non obstante, a súa misión non será doada, pois mouros, nubeiras, xans, luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade.

    14,00 €
    Engadir ao carriño
  • A princesa dourada
    Fantasía

    A princesa dourada

    Anxo Mouzo Moreira
    14,00 €
    Engadir ao carriño
    A princesa dourada
    Fantasía

    A princesa dourada

    Anxo Mouzo Moreira

    Xosé e Marica son de Camelle e viven porta con porta. A Xosé encántalle xogar ao fútbol e pasar tempo con Marica. Non obstante, o día que ela fai quince anos, descobre por accidente o pasado que oculta a súa amiga. Marica é, en realidade, a princesa do reino de Nihá, que foi expulsada dos seus dominios pola raíña demo de Hangyo cando era unha nena.

    As lendas aseguran que a princesa exiliada recuperará o seu reino con intelixencia e unha vontade de ferro e será Xosé quen estea disposto a todo para a axudar no seu propósito.

    14,00 €
    Engadir ao carriño
  • As probas do mago
    Fantasía

    As probas do mago

    Vanesa Santiago
    14,00 €
    Engadir ao carriño
    As probas do mago
    Fantasía

    As probas do mago

    Vanesa Santiago

    Fuco descobre que a súa avoa, Rosalía, é unha poderosa meiga do Courel cando aparece na súa vida o vello druída Roque Dúasaugas. O druída está convencido de que Fuco se pode converter no seu aprendiz e chegar a ser un gran mago. Iso si, para acadar o posto de aprendiz, Fuco deberá vencer nunha serie de probas á intelixente e insoportábel Aldara, ao tempo que un misterioso ser escuro lle tenta arruinar a competición. Intriga, natureza, diversión e lendas farán que Fuco coñeza a súa maxia interior.

    14,00 €
    Engadir ao carriño
  • De cando os animais tamén eran xente
    Fantasía

    De cando os animais tamén eran xente

    Manuel Lourenzo González
    14,00 €
    Engadir ao carriño
    De cando os animais tamén eran xente
    Fantasía

    De cando os animais tamén eran xente

    Manuel Lourenzo González

    Un galo de alta crista fachendoso e falangueiro, unha píntega rastreira cobizosa e pezoñenta e un burro que di que burro foi toda a vida aínda que por veces non o parece, atópanse nunha revolta do camiño e argallan un plan para se introducir na abominábel torre onde mora unha poderosa feiticeira.

    Semella o inicio dunha fábula sentenciosa, mais só é parte dunha enguedellada historia trufada de ambición, infamia, mesquindade e violencia. Tamén de nobreza, xenerosidade, sabedoría e amor. Unha historia que perturbou moitas vidas e facendas, acontecida nunha rexión do noso país naquela remota época en que os animais adoito eran tamén xente.

    14,00 €
    Engadir ao carriño
  • Lapislázuli. O regreso das superguerreiras
    Fantasía

    Lapislázuli. O regreso das superguerreiras

    Alba Rozas
    18,00 €
    Engadir ao carriño
    Lapislázuli. O regreso das superguerreiras
    Fantasía

    Lapislázuli. O regreso das superguerreiras

    Alba Rozas

    Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Arrasarán por fin cos robots? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?

    Lapislázuli. O regreso das superguerreiras camiña entre os eidos do new weird de China Miéville, da fantasía épica de Robert E. Howard, Emily Rodda ou Andrezj Sapkowski e, sobre todo, do sentai de Akira Toriyama e do mahō shōjo de Naoko Takeuchi.

    18,00 €
    Engadir ao carriño
  • O biosbardo e os paxaros sen cor
    Fantasía

    O biosbardo e os paxaros sen cor

    Alba Rozas, José Manuel Dopazo
    12,00 €
    Engadir ao carriño
    O biosbardo e os paxaros sen cor
    Fantasía

    O biosbardo e os paxaros sen cor

    Alba Rozas, José Manuel Dopazo

    Cando o biosbardo pasou a pita do monte, a pega, o picapeixe, o verderol… e até sete paxaros quedaron sen cor! Queres saber como son e o que argallou o biosbardo? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.

    12,00 €
    Engadir ao carriño
  • O tesouro do caranguexo
    Fantasía

    O tesouro do caranguexo

    Alba Rozas, José Manuel Dopazo
    12,00 €
    Engadir ao carriño
    O tesouro do caranguexo
    Fantasía

    O tesouro do caranguexo

    Alba Rozas, José Manuel Dopazo

    O caranguexo da pinza de ouro é o dono dun gran tesouro feito de cunchas. Non obstante, fáltanlle sete para que estea completo. Por iso falará coa ameixa, a vieira, o berberecho, o longueirón, a ostra, a zamburiña e o mexillón. Queres saber como son as súas cunchas e se logrou completar o caranguexo o seu tesouro? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.

    12,00 €
    Engadir ao carriño
Filtered (7)
Filtros
  • Reset all×
  • Creación×

Filtros

Por idade
Por tipo
Por colección
Show (7)
Cancel
Boadicea
  • info@boadiceaeditora.gal
  • Instagram
  • Facebook
  • Twitter
  • Política de privacidade
  • Termos e condicións
  • Aviso legal

©2022 Boadicea. Todos os dereitos reservados.