• A maldición de Hill House

    Publicada por primeira vez en 1959, A maldición de Hill House de Shirley Jackson foi aclamada como unha obra perfecta de terror. É a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu.
    Levada dúas veces ao cine e tamén á televisión en forma de serie, A maldición de Hill House é unha das novelas máis famosas de Shirley Jackson e unha das principais obras de terror do século XX.

    18,00 
  • As ánimas do Samaín

    Tres curmáns, Cibrán, Roque e Xasmín, celebran o Samaín. Xuntos tallarán calacús, deixarán comida e o lume prendido para as ánimas, irán pedir esmola, farán colares de zonchos e visitarán o camposanto. Queres saber como se celebra o Día de Defuntos? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.

    12,00 
  • Dormen baixo terra

    Erea acábase de mudar a Leiro, unha vila no medio das montañas onde nada é o que parece. Na mina aberta no alto do monte non deixan de se suceder ataques sanguentos sen que as autoridades consigan atopar un culpábel. O perigo, soterrado na fraga, emerxe coa néboa e axexa os habitantes do lugar. Cando Erea descobre que os seus dous mellores amigos, Héitor e Anaír, están relacionados co responsábel das agresións, non dubidará en arriscar a súa vida para descubrir que segredos do pasado agocha a mina e tratar de protexer a xente, dun xeito ou doutro. 

    14,00 
  • Niño maldito

    Niño maldito é unha antoloxía de catro relatos xurdidos das tebras, dese arrepiante e húmido lugar que é o inferno da mente. Nestas páxinas non atoparás consolo ningún, só desamparo e nociva soidade. Vampiros, monstros xurdidos das profundidades do mar, diaños e pantasmas amosan a condición humana desde as vísceras, a agochada turbiedade que a todos nós nos habita e que, o día menos pensado, nos rebenta na gorxa e nos abre as portas da loucura.

    17,00 
  • Noite no cemiterio

    No alto do cemiterio de Vilatorcida érguese unha casa que só abre as súas portas ás pantasmas. O terrorífico Conde Silas, dono da mansión, coa axuda do seu fiel servente, domina todas as ánimas do lugar. Alí, os espectros descobren o cruel destino que lles agarda a aqueles dos que non queda rastro na memoria das persoas vivas.

    Cando Lolo e o seu irmán Quin van vivir para a casa máis próxima ao camposanto e se atreven a explorar os seus segredos, o poder do Conde vese ameazado por primeira vez. Non obstante, para o vencer, Lolo deberá superar o propio medo e aceptar a verdade máis arrepiante da súa vida.

    14,00