• A maldición de Hill House

    Publicada por primeira vez en 1959, A maldición de Hill House de Shirley Jackson foi aclamada como unha obra perfecta de terror. É a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu.
    Levada dúas veces ao cine e tamén á televisión en forma de serie, A maldición de Hill House é unha das novelas máis famosas de Shirley Jackson e unha das principais obras de terror do século XX.

    18,00 
  • Salem’s Lot

    Cando era un cativo, o afamado escritor Ben Mears entrou na casa dos Marsten e, o que viu daquela, aínda o mortifica. Por iso decidiu regresar a Salem’s Lot vinte anos máis tarde. Disque se trata dunha vila tranquila, na que nunca acontece nada… agás a antiga traxedia na casa dos Marsten, o can pendurado da cancela do cemiterio, os rapaces desaparecidos, os animais que morren desangrados e a arrepiante aparición deles, quen queira que sexan Eles

    22,00