Inauguramos o ciclo de Terramar

Hoxe sae á venda Un feiticeiro de Terramar, o primeiro dos seis libros que conforman o ciclo de Terramar, de Ursula K. Le Guin, unha das obras máis recoñecidas desta autora de referencia no eido da fantasía. Trátase dunha coidada edición traducida por Tomás G. Ahola que conta co mapa deseñado pola autora e que nos indroducirá no mundo de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magos envexosos, escuridade e luz. Que gocedes da lectura!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *