-
Campamentos de verán 7G
16,00 €ESTE LIBRO É DIFERENTE.
O que ocorra nesta historia está nas túas mans.
Ti es quen decide.
Atoparás riscos, dilemas e aventuras. Terás que tomar decisións e resolver enigmas. Deberás usar as túas habilidades e o teu enxeño. Unha mala decisión pode provocar un desastre… ou mesmo a morte! Mais non desesperes. En calquera momento podes recuar e escoller outra opción, podes cambiar o rumbo da túa historia.
-
De cando os animais tamén eran xente
14,00 €Un galo de alta crista fachendoso e falangueiro, unha píntega rastreira cobizosa e pezoñenta e un burro que di que burro foi toda a vida aínda que por veces non o parece, atópanse nunha revolta do camiño e argallan un plan para se introducir na abominábel torre onde mora unha poderosa feiticeira.
Semella o inicio dunha fábula sentenciosa, mais só é parte dunha enguedellada historia trufada de ambición, infamia, mesquindade e violencia. Tamén de nobreza, xenerosidade, sabedoría e amor. Unha historia que perturbou moitas vidas e facendas, acontecida nunha rexión do noso país naquela remota época en que os animais adoito eran tamén xente.


