-
A costa máis afastada
A escuridade ameaza con se apoderar de Terramar. Mentres o mundo e os seus magos están a perder a maxia, Ged, o poderoso Arquimago, feiticeiro e Señor de Dragóns, embárcase nunha viaxe cun mozo príncipe chamado Arren. Ambos os dous viaxan alén do reino da morte para descubrir a causa destas malvadas perturbacións e restaurar a maxia nunha terra que está desesperadamente necesitada dela.
-
As Tumbas de Atuan
Tenar é elixida Suma Sacerdotisa dos antigos e innomeábeis poderes de Terramar, razón pola cal debe renunciar á súa familia, ao fogar e mesmo ao seu verdadeiro nome. Coñecida agora como Arha, a Devorada, debe gardar as sombrías e labirínticas Tumbas de Atuan.
Entón, o feiticeiro Ged internarase nelas para roubar o seu maior tesouro, a metade perdida do anel de Erreth-Akbe. O deber de Arha é protexer o anel. Pero Ged posúe a luz da maxia e as historias dun mundo que a moza nunca coñeceu. -
Tehanu
Anos atrás, escaparon xuntos das sinistras Tumbas de Atuan. Ela era unha moza sacerdotisa illada e el un poderoso mago. Agora Tenar é a viúva dun labrego, que escolleu para ela os simples praceres dunha vida normal. E Ged é un vello quebrado, que lamenta os poderes perdidos. Mais agora, o mundo está cambiando dunha forma misteriosa e deben unir forzas de novo para protexer dos seus perseguidores a Therru, unha meniña que coñeceu o horror e cun destino que aínda non foi revelado.
-
Un feiticeiro de Terramar
O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá Ged ao ingresar na escola de feiticeiros para aprender as súas regras. Testán e inxenuo, o mozo libera unha terríbel criatura da sombra. Para recuperar o equilibrio, deberase enfrontar a ela e destruíla. A súa misión conducirao ao recuncho máis afastado de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magos envexosos, escuridade e luz, onde atopará o seu destino.