Chega a Boadicea Editora Terramar, o mundo de fantasía creado por Ursula K. Le Guin no que se desenvolve o ciclo de novelas A Wizard of Earthsea (1968), The Tombs of Atuan (1970), The Farthest Shore (1972), Tehanu (1990), Tales from Earthsea (2001) e The Other Wind (2001).
Ursula K. Le Guin (1929-2018) é unha autora referente de ciencia ficción e fantasía, creadora da federación Ekumen no primeiro ámbito e do mundo de Terramar no segundo. Foi a primeira muller en gañar o premio Hugo e o premio Nébula coa súa obra The Left Hand of Darkness (1969) e chegou a publicar máis de vinte novelas e máis de cen relatos curtos, xunto con poesía, ensaio, crítica literaria, tradución e libros para a infancia.