| Dimensións | 12,0 × 17,0 cm |
|---|---|
| Temática | |
| Autoría | |
| Tipo | |
| Ilustracións | Iago Torres |
| Colección | A carrilana dos soños |
| Idade | A partir de 8 anos |
| Ano de publicación | 2025 |
| Formato | Tapa branda |
| Páxinas | 107 |
De cando os animais tamén eran xente
14,00 €
Un galo de alta crista fachendoso e falangueiro, unha píntega rastreira cobizosa e pezoñenta e un burro que di que burro foi toda a vida aínda que por veces non o parece, atópanse nunha revolta do camiño e argallan un plan para se introducir na abominábel torre onde mora unha poderosa feiticeira.
Semella o inicio dunha fábula sentenciosa, mais só é parte dunha enguedellada historia trufada de ambición, infamia, mesquindade e violencia. Tamén de nobreza, xenerosidade, sabedoría e amor. Unha historia que perturbou moitas vidas e facendas, acontecida nunha rexión do noso país naquela remota época en que os animais adoito eran tamén xente.






