Gardas! Gardas!

Escrito porTerry Pratchett

19,00 

O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.

Xuntos terán que lidar cunha rutina que rompe pois, malia que se creu extinto durante moito tempo, un magnífico exemplar de draco nobilis («dragón nobre», para quen non entenda a cursiva) apareceu na cidade. Este perigoso visitante non só ten o desagradábel costume de calcinar todo ao seu paso, senón que, en pouco tempo, é coroado Rei (á fin e ao cabo, é un dragón nobre…). Como chegou alí? Poderá a Garda da Noite restaurar a orde dunha cidade sen lei? Maxia, caos e un dragón asexador… Quen podería pedir máis?

Boadicea Editora traer para o galego a serie Gardas de Terry Pratchett, un mundo de fantasía localizado no Mundodisco. O primeiro dos volumes é Gardas! Gardas!, co que nos introducimos de cheo na escrita deste autor.

Sir Terry Pratchett foi o aclamado creador da serie súper vendas internacional Mundodisco. A súa primeira novela, A cor da maxia, publicouse en 1983. En total, foi autor de máis de cincuenta libros que superaron os cen millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. As súas novelas contan con numerosas adaptacións ao teatro e ao cine, e foi gañador de múltiples premios, incluída a Medalla Carnegie. En 2009, foi nomeado cabaleiro polos seus servizos á literatura, aínda que sempre sostivo con retranca que a súa maior contribución á literatura foi evitar escribir.

ISBN: 978-84-129489-7-4
Categoría:
Dimensións 15,3 × 23,0 cm
Temática

Autoría

Tipo

Tradutor/a

Miguel González

Idade

A partir de 16 anos

Ano de publicación

2025

Formato

Tapa branda