Homes de armas

Escrito porTerry Pratchett

19,00 

Os tempos están a cambiar na Garda Nocturna de Ankh-Morpork.
Contratáronse novos recrutas para reflectir a diversidade da cidade, incluíndo o cabo Cenoria (tecnicamente un anano), o axente de garda Cuddy (un anano de verdade), o axente de garda Detritus (un troll) e a axente de garda Angua (unha muller… lúas cheas á parte).

Ademais, o capitán Sam Vimes vai casar e retirarse da Garda. Para sempre. Isto último é unha mágoa, porque ninguén coñece as rúas de Ankh-Morpork nin o seu mundo criminal mellor ca el.

E alguén armado e perigoso estivo a ter ideas sobre o poder, o destino e os reis perdidos, cometendo unha serie de asasinatos aparentemente aleatorios por toda a cidade.

Os novos recrutas terán que aprender rápido…

Boadicea Editora traer para o galego a serie Gardas de Terry Pratchett, un mundo de fantasía localizado no Mundodisco. O segundo dos volumes é Homes de armas, co que continuamos coa escrita deste autor.

Sir Terry Pratchett foi o aclamado creador da serie súper vendas internacional Mundodisco. A súa primeira novela, A cor da maxia, publicouse en 1983. En total, foi autor de máis de cincuenta libros que superaron os cen millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. As súas novelas contan con numerosas adaptacións ao teatro e ao cine, e foi gañador de múltiples premios, incluída a Medalla Carnegie. En 2009, foi nomeado cabaleiro polos seus servizos á literatura, aínda que sempre sostivo con retranca que a súa maior contribución á literatura foi evitar escribir.

ISBN: 979-13-991227-1-8
Categoría:
Dimensións 15,3 × 23,0 cm
Temática

Autoría

Tipo

Tradutor/a

Tomás G. Ahola

Colección

Mundodisco

Idade

A partir de 16 anos

Ano de publicación

2026

Formato

Tapa branda

Ilustración da capa

Iago Torres