O outro vento

16,00 

O esconxurador Amieiro teme durmir. A súa amada esposa morreu e, en soños, chama por el á terra dos mortos, onde a herba murcha, as estrelas nunca se moven e os amantes vagan sen se coñecer. Desde entón, os mortos atraen a Amieiro cara a eles pola noite, pregándolle pola súa liberación.

Amieiro busca o consello de Ged, o antigo arquimago, quen lle di que acuda a Tenar, Tehanu e o rei novo en Havnor. Úneselles Irian, un feroz dragón capaz de adoptar a forma dunha muller. A ameaza só se poderá enfrontar na Fraga Inmanente de Roke, o lugar máis sagrado do mundo e, alí, o rei, o heroe, o sabio, o feiticeiro e o dragón librarán a súa derradeira batalla.

Chega a Boadicea Editora Terramar, o mundo de fantasía creado por Ursula K. Le Guin no que se desenvolve o ciclo de novelas A Wizard of Earthsea (1968), The Tombs of Atuan (1970), The Farthest Shore (1972), Tehanu (1990), Tales from Earthsea (2001) e The Other Wind (2001).

Ursula K. Le Guin (1929-2018) é unha autora referente de ciencia ficción e fantasía, creadora da federación Ekumen no primeiro ámbito e do mundo de Terramar no segundo. Foi a primeira muller en gañar o premio Hugo e o premio Nébula coa súa obra The Left Hand of Darkness (1969) e chegou a publicar máis de vinte novelas e máis de cen relatos curtos, xunto con poesía, ensaio, crítica literaria, tradución e libros para a infancia.

ISBN: 978-84-129489-6-7
Categoría:
Dimensións 15,3 × 23,0 cm
Temática

Autoría

Tipo

Tradutor/a

Tomás G. Ahola

Colección

Historias de Terramar

Número da colección

6

Idade

A partir de 16 anos

Ano de publicación

2025

Formato

Tapa branda

Páxinas

247