| Dimensións | 15,3 × 23,0 cm |
|---|---|
| Temática | |
| Autoría | |
| Tipo | |
| Tradutor/a | Inma Pérez |
| Idade | A partir de 16 anos |
| Ano de publicación | 2026 |
| Formato | Tapa branda |
| Páxinas | Pendente |
| Ilustración da capa | Iago Torres |
Salem’s Lot
22,00 €
Cando era un cativo, o afamado escritor Ben Mears entrou na casa dos Marsten e, o que viu daquela, aínda o mortifica. Por iso decidiu regresar a Salem’s Lot vinte anos máis tarde. Disque se trata dunha vila tranquila, na que nunca acontece nada… agás a antiga traxedia na casa dos Marsten, o can pendurado da cancela do cemiterio, os rapaces desaparecidos, os animais que morren desangrados e a arrepiante aparición deles, quen queira que sexan Eles…
Libros relacionados
-
Gardas! Gardas!
19,00 €O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.
Xuntos terán que lidar cunha rutina que rompe pois, malia que se creu extinto durante moito tempo, un magnífico exemplar de draco nobilis («dragón nobre», para quen non entenda a cursiva) apareceu na cidade. Este perigoso visitante non só ten o desagradábel costume de calcinar todo ao seu paso, senón que, en pouco tempo, é coroado Rei (á fin e ao cabo, é un dragón nobre…). Como chegou alí? Poderá a Garda da Noite restaurar a orde dunha cidade sen lei? Maxia, caos e un dragón asexador… Quen podería pedir máis?
-
Un feiticeiro de Terramar
16,00 €O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá Ged ao ingresar na escola de feiticeiros para aprender as súas regras. Testán e inxenuo, o mozo libera unha terríbel criatura da sombra. Para recuperar o equilibrio, deberase enfrontar a ela e destruíla. A súa misión conducirao ao recuncho máis afastado de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magos envexosos, escuridade e luz, onde atopará o seu destino.
-
O outro vento
16,00 €O esconxurador Amieiro teme durmir. A súa amada esposa morreu e, en soños, chama por el á terra dos mortos, onde a herba murcha, as estrelas nunca se moven e os amantes vagan sen se coñecer. Desde entón, os mortos atraen a Amieiro cara a eles pola noite, pregándolle pola súa liberación.
Amieiro busca o consello de Ged, o antigo arquimago, quen lle di que acuda a Tenar, Tehanu e o rei novo en Havnor. Úneselles Irian, un feroz dragón capaz de adoptar a forma dunha muller. A ameaza só se poderá enfrontar na Fraga Inmanente de Roke, o lugar máis sagrado do mundo e, alí, o rei, o heroe, o sabio, o feiticeiro e o dragón librarán a súa derradeira batalla.
-
A costa máis afastada
16,00 €A escuridade ameaza con se apoderar de Terramar. Mentres o mundo e os seus magos están a perder a maxia, Ged, o poderoso Arquimago, feiticeiro e Señor de Dragóns, embárcase nunha viaxe cun mozo príncipe chamado Arren. Ambos os dous viaxan alén do reino da morte para descubrir a causa destas malvadas perturbacións e restaurar a maxia nunha terra que está desesperadamente necesitada dela.
-
Trickstar. Postais desde as estrelas
17,00 €Ano 2076. Nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Julie Alban é arquitecta de sistemas, pero tamén unha veterana piloto do Consorcio, o organismo supranacional que está a dar os primeiros pasos na conquista do sistema solar. Non obstante, a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes que a converterá na primeira pirata espacial.
-
Gastrulación
14,00 €O desenvolvemento da embrioloxía durante o século XIX encobre tamén unha verdade a contrafío, unha verdade sagrada.
No ano 2043 un fármaco defectuoso provoca un coma profundo aos seus consumidores. Os poucos superviventes que conseguen acordar xa non deixarán nunca de salmodiar un longo canto profético que contén a verdadeira historia da vida sobre a Terra: que é un campo de batalla entre dúas grandes deidades por se devoraren entre elas. Sobre as cinsas das vellas cosmovisións humanas surxen entón unha Igrexa, unha Teoloxía e unha Guerra.
A cabalo entre a bioloxía e a cosmogonía, entre a filosofía da vida e a ciencia ficción, entre o ensaio e a nouvelle experimental, entre Bergson e Lovecraft, Gastrulación propón remontarse aos inicios da bioloxía no século XIX para comprender que a diferenciación entre reinos animais e liñaxes xenéticas conduce ao nacemento dunha deidade que xa non nos necesita.
-
Donaira
18,00 €Un piloto con alma de conquistador, un médico de espírito romántico e un sociólogo curioso deciden emprender unha expedición despois de escoitar unha lenda sobre un país habitado só por mulleres.
Esta utopía de ciencia ficción feminista en forma de novela de aventuras sérvelle á autora para facer unha crítica á sociedade da súa época. Nela trátanse temas que seguen no foco na actualidade, entre eles o consentimento, os roles de xénero, a educación ou o vexetarianismo.
Esta obra foi publicada por capítulos entre 1915 e 1916 na revista The Forerunner. Agora ve a luz en galego por vez primeira.
-
A maldición de Hill House
18,00 €Publicada por primeira vez en 1959, A maldición de Hill House de Shirley Jackson foi aclamada como unha obra perfecta de terror. É a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu.
Levada dúas veces ao cine e tamén á televisión en forma de serie, A maldición de Hill House é unha das novelas máis famosas de Shirley Jackson e unha das principais obras de terror do século XX.









