| Dimensións | 15,3 × 23,0 cm |
|---|---|
| Temática | |
| Autoría | |
| Tipo | |
| Idade | A partir de 16 anos |
| Ano de publicación | 2025 |
| Formato | Tapa branda |
| Páxinas | 217 |
| Ilustración da capa | Iago Torres |
Trickstar. Postais desde as estrelas
17,00 €
Ano 2076. Nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Julie Alban é arquitecta de sistemas, pero tamén unha veterana piloto do Consorcio, o organismo supranacional que está a dar os primeiros pasos na conquista do sistema solar. Non obstante, a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes que a converterá na primeira pirata espacial.
Libros relacionados
-
A costa máis afastada
16,00 €A escuridade ameaza con se apoderar de Terramar. Mentres o mundo e os seus magos están a perder a maxia, Ged, o poderoso Arquimago, feiticeiro e Señor de Dragóns, embárcase nunha viaxe cun mozo príncipe chamado Arren. Ambos os dous viaxan alén do reino da morte para descubrir a causa destas malvadas perturbacións e restaurar a maxia nunha terra que está desesperadamente necesitada dela.
-
Niño maldito
17,00 €Niño maldito é unha antoloxía de catro relatos xurdidos das tebras, dese arrepiante e húmido lugar que é o inferno da mente. Nestas páxinas non atoparás consolo ningún, só desamparo e nociva soidade. Vampiros, monstros xurdidos das profundidades do mar, diaños e pantasmas amosan a condición humana desde as vísceras, a agochada turbiedade que a todos nós nos habita e que, o día menos pensado, nos rebenta na gorxa e nos abre as portas da loucura.
-
Homes de armas
19,00 €Os tempos están a cambiar na Garda Nocturna de Ankh-Morpork.
Contratáronse novos recrutas para reflectir a diversidade da cidade, incluíndo o cabo Cenoria (tecnicamente un anano), o axente de garda Cuddy (un anano de verdade), o axente de garda Detritus (un troll) e a axente de garda Angua (unha muller… lúas cheas á parte).Ademais, o capitán Sam Vimes vai casar e retirarse da Garda. Para sempre. Isto último é unha mágoa, porque ninguén coñece as rúas de Ankh-Morpork nin o seu mundo criminal mellor ca el.
E alguén armado e perigoso estivo a ter ideas sobre o poder, o destino e os reis perdidos, cometendo unha serie de asasinatos aparentemente aleatorios por toda a cidade.
Os novos recrutas terán que aprender rápido…
-
Tehanu
16,00 €Anos atrás, escaparon xuntos das sinistras Tumbas de Atuan. Ela era unha moza sacerdotisa illada e el un poderoso mago. Agora Tenar é a viúva dun labrego, que escolleu para ela os simples praceres dunha vida normal. E Ged é un vello quebrado, que lamenta os poderes perdidos. Mais agora, o mundo está cambiando dunha forma misteriosa e deben unir forzas de novo para protexer dos seus perseguidores a Therru, unha meniña que coñeceu o horror e cun destino que aínda non foi revelado.
-
Os derradeiros días de Nova París
19,00 €1941. No caos da Marsella en guerra, o enxeñeiro e ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte o teórico surrealista André Breton. Nos retorcidos xogos de diplomáticos disidentes, revolucionarios exiliados e artistas de vangarda, Parsons acha unha esperanza. Mais o que involuntariamente libera é o poder dos soños e os pesadelos, mudando a guerra e o mundo para sempre.
1950. Thibaut, un solitario loitador surrealista, camiña por unha nova e alucinóxena Paris, onde os nazis e a Resistencia están atrapados nun conflito sen fin e nas rúas asexan imaxes e textos que cobraron vida -e tamén forzas do Inferno. Para fuxir da cidade, Thibaut debe unirse a Sam, unha fotógrafa estadounidense, e faceren causa común cunha poderosa e enigmática figura: o cadáver exquisito.
China Miéville (Londres, 1972) é un dos autores máis afamados da fantasía actual debido á súa capacidade para redefinir os límites do xénero e afondar no new weird, que borra a difusa liña entre a fantasía e a ciencia ficción, entre a cultura pop e a arte culta. A súa traxectoria foi recoñecida con prestixiosos premios como o Hugo e o World Fantasy Award ou o Arthur C. Clark que recibiu até en tres ocasións.
-
Contos de Terramar
16,00 €Explora Terramar neste novo volume da saga a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e mais dun ensaio sobre as persoas, as linguas, a historia, a literatura e a maxia deste mundo fantástico.
O buscador, unha novela curta ambientada centos de anos antes d’Un feiticeiro de Terramar, revela como comezou a famosa escola de Roke. N’Os ósos da terra, o primeiro mestre de Ged demostra como a humildade, se é o suficientemente grande, pode controlar un terremoto. Ás veces, os feiticeiros buscan carreiras alternativas, como ocorre no conto de Rosaescura e Diamante. Volve á época en que Ged era Arquimago Na braña alta, unha historia sobre o amor polo poder e o poder do amor. E descubre en Libeliña como unha muller decidida pode romper o teito de cristal da maxia masculina tendendo unha ponte entre Tehanu e O outro vento.
-
Un feiticeiro de Terramar
16,00 €O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá Ged ao ingresar na escola de feiticeiros para aprender as súas regras. Testán e inxenuo, o mozo libera unha terríbel criatura da sombra. Para recuperar o equilibrio, deberase enfrontar a ela e destruíla. A súa misión conducirao ao recuncho máis afastado de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magos envexosos, escuridade e luz, onde atopará o seu destino.
-
Ubik
18,00 €Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a empresa do seu xefe, Glen Runciter, pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no funeral de Runciter, o grupo decátase de que a realidade vai cara a atrás e atopa mensaxes do defunto en lugares insospeitados. Cando os seus compañeiros e compañeiras comezan a morrer, Joe Chip dá en se cuestionar o que hai detrás: será a obra dunha nova axente con estraños poderes?, ou tratarase dun inexplicábel engano?, talvez sexan eles os mortos? A única resposta ten que ver cun estraño produto coñecido como Ubik.









