Niño maldito inaugura a nosa liña de terror adulto

Niño maldito é unha antoloxía de catro relatos de terror adulto a cargo do experimentado escritor Roberto A. Rodrigues. “Niño maldito”, “Expediente Sentulo”, “Penela Grand Hotel” e “Arquipélago” interpelan a agochada turbiedade que a todas nos habita e que, o día menos pensado, ábrenos as portas da loucura. Roberto A. Rodrigues é un autor premiado que conta na sua bagaxe literaria con títulos como Alén do remuíño, Luces sobre a ría e Malpaís. Dámoslle a benvida á famiia de Boadicea e a todas vós emprazámosvos á lectura destes relatos xurdidos dese arrepiante e húmido lugar que é o inferno da mente.

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *