Estivemos na Feira do Libro da Coruña

Estivemos na Feira do Libro da Coruña

Do 1 ao 10 de agosto estivemos na Feira do Libro da Coruña, partillando posto, por segundo ano consecutivo, con Edicións Malafera. Foi un pracer asistir á boa acollida que tivo a saga de Terramar e ver como vos iades achegando para preguntar polas próximas publicacións e para felicitarnos polo noso traballo. Ademais contamos coa […]

Estivemos na Feira do Libro de Vigo

Estivemos na Feira do Libro de Vigo

Do 1 ao 7 de xullo estivemos na Feira do Libro de Vigo, partillando o noso posto, por segundo ano, coa boa xente de Edicións Malafera. Desta volta, presentamos o remate das Historias de Terramar co sexto volume O outro vento e tivemos asinando a Manuel Esteban o seu Trickstar. Postais desde as estrelas!

Estreamos space opera: Trickstar, de Manuel Esteban

Estreamos space opera: Trickstar, de Manuel Esteban

Boadicea estréase no xénero da space ópera con Trickstar. Postais desde as estrelas, de Manuel Esteban. Nesta novela, ambientada en 2076, nunha Terra a piques de colapsar, a vida no espazo semella a única esperanza para a humanidade. Non obstante, a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da […]

Novo álbum infantil ilustrado… de medo!

Novo álbum infantil ilustrado… de medo!

As ánimas do Samaín é a nova entraga da colección “Cartafol de…”, a proposta para o público máis pequeno de Boadicea Editora. Desta volta tres curmáns celebran o Samaín, desenvolvendo todas as actividades tradicionais do día de defuntos na Galiza: tallar calacús, deixar comida para cando aparezan as ánimas á noite, facer colares de zonchos […]

Xa á venda Contos de Terramar!

Xa á venda Contos de Terramar!

Contos de Terramar é a quinta entrega da saga de fantasía Historias de Terramar, de Ursula K. Le Guin. Neste volume o mundo de Terramar explórase a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e mais dun ensaio sobre as persoas, as linguas, a historia, a literatura e a […]

A miña primeira novela de… monstros!

A miña primeira novela de… monstros!

Dormen baixo terra é o título da sétima entrega da colección xuvenil A miña primeira novela de… Neste caso a temática escollida por Alba De Evan é a novela de monstros. Nunha vila no medio das montañas, na mina aberta no alto do monte, non deixan de acontecer ataques sanguentos. Cando Erea descobre que os […]