O androide Simón, novo título da nosa colección infantil
O androide Simón vive no afastado mundo xelado do planetoide Plutón. Os seus circuítos comezan a renxer por causa do frío, polo que nas súas vacacións decide apañar a súa nave espacial e ir na procura de mundos máis cálidos. Visita Neptuno, Urano, Saturno… e o resto de planetas e grandes lúas do sistema Solar. […]
