Entrevista no Diario Cultural
Aquí vos deixamos a entrevista que nos fixo Belén Regueira no Diario Cultural da Radio Galega, na que conseguimos falar con Philip K. Dick, en directo en estado de semivida desde Zürich. Non o perdades!
Aquí vos deixamos a entrevista que nos fixo Belén Regueira no Diario Cultural da Radio Galega, na que conseguimos falar con Philip K. Dick, en directo en estado de semivida desde Zürich. Non o perdades!
Esta pasada fin de semana estivemos no noso primeiro Culturgal como editora. Voltamos moi satisfeitas da acollida que lle destes ao proxecto, foi un pracer estar a fin de semana entre a xente da cultura, aprendermos tanto e poder falar directamente convosco, os nosos lectores e lectoras. De hoxe nun ano!
Xa está á venda o primeiro libro da colección “Cartafol de fantasía” para o público infantil de Boadicea Editora. O volume, titulado “O biosbardo e os paxaros sen cor” é un álbum ilustrado por Iago Torres con texto de Alba Rozas e José Manuel Dopazo. Está enfocado para un público de entre 3 e 6 […]
O pasado sábado 19 de novembro presentamos Boadicea Editora na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Querémosvos agradecer a acollida e os azos que nos destes para esta nova etapa! Foi un pracer conversar convosco. Agradecémoslle tamén ao persoal da Libraría Couceiro o seu trato e boa disposición. Continúade atentas ás redes, que en breves […]
O vindeiro sábado 19 de novembro, ás 12:30 da mañá, presentaremos a nosa editora na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Non faltedes! Contaremos coa presenza das persoas integrantes do proxecto, autoras, tradutoras e ilustrador, e aproveitaremos para realizar o lanzamento de Ubik, a novela de Philip K. Dick coa que inauguramos a nosa colección […]
Boadicea Editora publica Ubik, o clásico da ciencia ficción de Philip K. Dick. Trátase dunha das súas tres novelas con maior repercusión, xunto con The Man in the High Castle (1962) e Do Androids Dream of Electric Sheep? (1968). Desde hoxe xa dispoñible na web de boadiceaeditora.gal e en breves nas librarías de todo o […]
Nacemos para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrámomos nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.